martes, 14 de diciembre de 2010

RECICLADO OURENSE

APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES / Actividade de vacacións de Nadal.

Data inicio: 22/12/2010 Data fin: 07/01/2011

DESCRICIÓN: Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.
...

OBXECTIVO:Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir. Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización cando sexa posible e Reciclaxe dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe facendo fincapé na importancia da separación en orixe. Concienciación dos nenos e dos pais das vantaxes que ten a reciclaxe. Aprender a importancia que ten a reciclaxe no medio ambiente. Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos. Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: A persoas de todas as idades

Grupos: Non superior a 25 persoas

Periodización: 20 de decembro do 2010 ao 7 xaneiro do 2011

Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00

Duración: 360 min.

Achegas da Concellería de Educación:

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Teléfono: 988510781 / 988388136

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es