martes, 11 de diciembre de 2012

SEMANA DO RECICLAXE (EP, ESO e Bacharelato)
Data inicio: 03/12/2012 Data fin: 18/09/2012

 
 
Descrición
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos
 
 Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
 A parte teórica terá unha duración de 1.00h.

Obxectivos

Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais.
Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.
Contidos

1. Presentación de vídeo.

2. Funcionamento dos proxectos.

3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)

4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.

5. Pautas para a clasificación doutros residuos.

A parte práctica terá unha duración de 90 minutos
 

 Obxectivos

Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.

 Contidos

1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
 2. Reciclaxe artesanal do papel.

Destinatarios/as
Alumnado de Primaria ESO,e Bacharelato

Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Periodización 3 a 18 de decembro do 2012

Horario: de 10:00 a 13:00

Duración: 90 min.

Grupos non superiores a 25

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / / aulanatureza@ourense.es

APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES (EP, ) VACACIÓNS DE NAVIDADE

APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES (EP, ) VACACIÓNS DE NADAL

 
Data inicio: 20/12/2012 Data fin: 07/01/2013


 
Descrición
 
Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.
 
Obxetivos
  • Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir.  
  • Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización e Reciclaxe cando sexa posible dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe resaltando a importancia da separación en orixe. 
  • Concienciar aos nenos e a os pais das vantaxes que ten a reciclaxe no medio ambiente.  
  • Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos. 
  • Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.



Destinatarios/as  alumnos e alumnas de EP
Grupo: Non superiores a 20 persoas
Periodización 26, 27, 28 de decembro de 2012 e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2013
Horario: de 10:00 a 13:00h ou de 16:00 a 19:00h
Vacacións de Navidade
Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño
Achegas da Concellería de Educación: material e persoal
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 aulanatureza@ourense.es
 
Inscrición do 1 ao 20 de decembro: Tasa 10 euros
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
Ingreso no número de conta de novacaixagalacia 2080 5251 40 3111391114
 Concepto:aula da natureza. Obradoiro de nadal